jueves, 3 de octubre de 2013

TRABALLOS LIBRO LECTURA



TRABALLOS DO LIBRO DE LECTURA TRIMESTRAL

O traballo debe ter os seguintes apartados :

1. TIPO DE NARRACIÓN
Explicar se se trata dunha narración en 1ª.PERSOA ou en 3ª PERSOA.
Xustifica a túa resposta poñendo exemplos tirados do libro.

2. PERSONAXES:

a) PRINCIPAIS (os protagonistas)
b) SECUNDARIOS
DESCRÍBEOS BREVEMENTE , tanto no aspecto exterior (fisicamente) como no aspecto interior
( sicoloxicamente)

3. ESPAZO
Explica en que lugar o lugares se desenvolven os feitos.

4. TEMPO
Explica cando ocorren os acontecementos ( época, anos, época histórica, ...)

5. SÍNTESE

Fai un resumo do argumento do libro.

6. CRITICA

a) Aspectos positivos :
Destaca o que máis che gustou, explicando por que.

b) Aspectos negativos:
Indica que aspectos do libro non che gustaron , explica por que.

Unha vez feito o traballo REVISA A ORDE , A PRESENTACIÓN E A ORTOGRAFÍA.

Podes presentar o traballo por escrito ou podes envialo por email.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.