jueves, 14 de noviembre de 2013

OUTONÍA



A neve por Santos nos altos e polo san Andrés nos pés.
Polo san Martiño buxainas (trompos) ao camino, polo san Amaro (ou san Xenaro)buxainas ao faiado.
Polo san Martiño abilla o teu viño.
Polo san Martiño faise o magosto, con castañas asadas, viño ou mosto.
Castañas, noces e viño fan as ledicias do san Martiño.
Polo san Martiño vai ver o teu soutiño.
Castañas no nadal saben ben e parten mal.
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
Fíache nas castañas asadas, que se estoupan, sairanche caras.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.
San Migueliño das uvas maduras moito me tardan e pouco me duran.
A horta en outono mantén ao seu dono.
Outono quente trae ao demo no seu ventre.
Polo san Miguel sabe o touciño a mel.
Outono chuvioso, ano copioso.
Se en setembro cmeza a chover, outono seguro é.
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
Moita flor na primavera,bo outono nos espera.
A horta de san Martiño ten para el e mais para o veciño.
Outono enxoito, Nadal vento moito ou pouco.
San Migueliño das uvas maduras tarde vés e pouco duras.
Quen en san Miguel esterca dende a casa rega.
Ata o mes de san Martiño os cregos van ao mar, de san Martiño en diante nin cregos nin estudantes.
As coles sementadas en outono son as mellores para o seu dono.
Auga de outono mata ao seu dono.
Polo san Lucas saben as uvas.
San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
Bendito mes que entra con Santos, media con san Uxío e remata en san Andrés.
O día de todos os santos andan pan e viño por todos os cantos.
Outono a chegar, porco a cebar.
O veraniño de san Martiño dura o que un can a pasar o camino.
San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
Polo san martiño mátase o porquiño, polo san Andrés a dous ou tres.
A cada porco chégalle o seu san Martiño.
Polo san Martiño mata o pobre o seu porquiño e polo san Andrés mata o rico a dous ou tres.
As castañas que despois do san Martiño quedan no souto son do moucho.
Cada crouco(castaña pequeña) no seu souto.
Se xantas castañas de visita non vaias.
Castaniñas a roer, piolliños a nacer.
Tan honrado é o caldo como as castañas.
As castañas que caen no camino son do veciño.

FESTIVIDADES RELACIONADAS COS REFRÁNS

San Amaro ou san Mauro : 15 xaneiro.
As Candelas ou a candelaria : 2 febrero
San Brais : 3 febrero.
San Bieito: 21 marzo.
San Antón : 13 xuño
San Xoán: 24 xuño
San Pedro: 29 xuño
San Miguel 29 setembro
San Andrés 30 novembro
San Martiño: 11 novembro

AS CASTAÑAS

SOUTOS,CASTAÑAS, SEQUEIROS... NO COUREL

MÁIS SOBRE A CASTAÑA

O OUTONO (VÍDEO)









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.